Aberto o prazo de inscrición no Comarcal - Cuartas probas

Publicamos a información sobre o circuíto rexional de 2014. Xa está aberto o prazo de inscrición para as cuartas probas:

CALENDARIO

  • 25-26 / XANEIRO / 2014 - PRIMEIRA PROBA
  • 22-23 / FEBREIRO / 2014 - SEGUNDA PROBA
  • 29-30 / MARZO / 2014 - TERCEIRA PROBA
  • 03-04 / MAIO / 2014 - CUARTO PROBA

INSCRICIÓN:

A inscrición farase a través dos formularios creados para cada área. A continuación podes descargar o formulario de cada área:

INFORMACIÓN DO CIRCUITO REXIONAL:

Na súa aposta polo tenis de base, a Federación Galega de Tenis, un ano máis, lanza o circuíto autonómico, dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos. Este circuíto pretende ser o primeiro elo competitivo destes nenos e nenas. As probas terán lugar en 7 áreas e nun total de 26 clubs, que seguen cubrindo este proxecto proporcionando aos seus técnicos e instalacións.

O principal obxectivo deste circuíto é introducir aos nenos na competición, deseñando unha primeira experiencia competitiva satisfactoria para nenos.

Publícase toda a información relacionada co circuíto.

 

Comparte