XXVII Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios, Special Olympics Galicia

A Federación Galega de Tenis e o Club de Tenis O Rial colaboraron o pasado 5 de marzo cos “XXVII Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios, Special Olympics Galicia”, actividade organizada pola asociación Special Olympics Galicia, entidade sen ánimo de lucro, adicada a promoción e inserción das persoas con Discapacidade Intelectual mediante o Ocio, o Tempo libre e o Deporte.

O citado evento celebrouse nas instalacións do pavillón Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa, e contou coa participación aproximada de 250 persoas, (persoas con Discapacidade Intelectual, Familias, Voluntarios, Persoal organizativo, etc.)

Comparte