Tomás Currás no segundo torneo M15 de Telde

Tomás Currás Abasolo participou esta semana no segundo torneo internacional de Telde, en Gran Canaria.

Na primeira rolda, Tomás venceu ao cabeza de serie número 1, o francés Sascha Gueymard Wayenburg cun resultado de 7-6(3) 2-6 6-1.

Nos oitavos de final, o xogador licenciado polo Real Club de Tenis Barcelona-1899, Albert Pedrico Kravtsov, derrotou ao galego en dous sets por 6-4 6-4.

Comparte