Solicitude de xuíces itinerantes e de cadeira 2ª Proba Galicia Head Tour 2022

O CGAT solicita xuíces itinerantes e de cadeira para a 2ª proba do Circuito de Galicia Head Tour (inclúe o Campionato Galego Alevín e Cadete) que se disputará no Club Campo Ferrol e no Casino Ferrolano do 11 de marzo ao 3 de abril de 2020.

Os xuíces de cadeira serán para os días 20 de marzo e 3 de abril, e os itinerantes para venres pola tarde, sábado e domingo entre o 11 de marzo e o 3 de abril.

O prazo de solicitude para xuíces itinerantes remata o 7 de marzo e para os xuíces de cadeira o 11 de marzo, ambos ás 12 am.

O xuíz árbitro designado é Carlos Coira e os xuíces árbitros adxuntos serán Marco Casal e Gabriel Fernández.

Comparte