Servizo de consultoría a clubs sobre superficies e mantemento de pistas con Composán

Informámosvos de que a Real Federación Española de Tenis ofrece un programa de asesoramento sobre superficies de pista e mantemento, dentro do catálogo de servizos para os seus clubs afiliados.

A través do seu provedor oficial Composán Industrial e Tecnoloxía, impártense cursos de formación aos responsables do mantemento das pistas de tenis dos clubs, así como aos instaladores homologados pola RFET, tendo en conta os distintos tipos de pavimentos existentes.

Estes cursos están dirixidos a unha óptima conservación das pistas e unha maior durabilidade das mesmas. Todo iso coa garantía de Composán Industrial e Tecnoloxía, provedor oficial de pistas duras e de terra batida da Real Federación Española de Tenis.

Para solicitar información sobre este servizo pódese contactar co Comité de Clubs da RFET a través do correo electrónico presidente.comitedeclubes@rfet.es.

Comparte