Resultados no Campionato de España MAPFRE Absoluto por Equipos de Clubs de Tenis Praia 2023

A andaina do Club Tenis Praia VigoBao no Campionato de España MAPFRE Absoluto de Tenis Praia por Equipos 2023, lamentablemente, non se puido rematar co obxectivo de ascenso.

Eran tres equipos moi igualados que xogaban polo ascenso e moi pequenos detalles levaron a perder os dous encontros, que consistían en 2 partidos masculinos, 2 femininos e en caso de empate de vitorias, un mixto.

No primeiro partido ante o Beach Tennis Castelldefels gañaron os dous encontros femininos, pero perderon os dous masculinos, un deles no super tie break por 10-7. Na final mixta perderon nun moi axustado 6-3 6-4 con multitude de puntos de ouro, xa que puideron deixar a promoción practicamente resolta. Mención especial que loitaron contra un dos mellores xogadores de Cataluña tanto no masculino 1 como no mixto.

O segundo partido foi contra o Beach Tennis Barcelona, albergando grandes esperanzas de ascenso, xa que os de Barcelona gañaran ao Castelldefels e podían entrar nun triple empate para competir polo ascenso. Gañaron o primeiro partido masculino e perderon o segundo, mentres que nos femininos as rapazas quedaron a un punto de ouro de entrar no super tie break nun deles, perdendo tamén o segundo, este xa no supertie break. Isto deixounos fóra, pero a sensación era que 5 puntos os separaran da súa meta. Xogaron o mixto por cortesía, nun ambiente máis lúdico que competitivo.

Estas foron os/as xogadores/as do equipo que se achegaron ao ascenso: Begoña Montenegro, Mayte Blanco, Cintia Escobar, Ruth Martín, Virginia Campos, Antonio Yus, Mateo Carrera, Cristian Ruíz e Pelayo Blanco.

Comparte