Resultados destacados no Internacional Junior de Lousada

Do 16 ao 22 de maio celébrase en Lousada un Torneo Internacional Júnior no que participaron un gran número de xogadores/as galegos/as. Estes foron os resultados destacados:

Dani García Suarez non renunciou a un só set na previa. Gañou 7-5 6-1 a Rodrigo Alvés (POR), 6-3 6-3 a Bernardo Balancho (POR) e 7-5 6-2 a Martín Couto (POR). No cadro final, Dani eliminou a Joao Martins por 6-4 e 7-5 na primeira rolda, pero na segunda non logrou vencer ao cabeza de serie número 1, Diego Morais (POR).

Eva Álvarez Sande gañou á rusa Maria Masiianskaia 6-4 2-0 Ret. na primeira rolda do cadro principal. Despois, na segunda, non logrou gañar a estadounidense Violeta Martínez.

No cadro de dobres, Eva fixo parella con Andrea Palazón. Eliminaron na primeira volta a Saoirse Breen (IJF) / Camilia Samel Druz (FRA) cun resultado de 6-1 0-6 [10-7] e en oitavos de final impuxéronse ás segundas cabezas de serie Mafalda Guedes (POR) / María Santos (POR) 2-6 2-4 [6-10]. Nos cuartos caeron ante as estadounidenses Patricia Grigoras / Elizabeth Tkachenko cun resultado de 6-4 6-3.

¡Parabéns polos bos resultados!

Comparte