Regulamento de licenzas da RFET: aclaración cambio licenza, mesmo exercicio diferente territorial

Informamos dunha aclaración engadida sobre o cambio de licenza, dentro do mesmo ano, dunha territorial a outra. Esta aclaración figura no Regulamento de Licenzas adxunto no apartado 5.2 (primeiro parágrafo, páxina 6) segundo o seguinte texto:

A efectos de cambio de licenza de territorial, non se admitirá que o/a xogador/a se atope nalgún dos dous supostos seguintes:

  1. Xogou, no presente exercicio para o que solicita o cambio, unha competición por equipos co seu club de orixe.
  2. Ten disputado, no presente exercicio para o que se solicita o cambio, un campionato provincial e/ou territorial (individual e/ou equipos) da federación de orixe.

O devandito Regulamento de Licenzas tamén se pode descargar na páxina web da RFET no apartado RFET/Transparencia/Reglamentos Deportivos.

Comparte