Reanudación da competición por equipos

Informamos a todos os equipos que a competición por equipos se retoma coas seguintes condicións:

  • A fin de semana do 20-21 / 02/2021 e a do 27-28 / 02/2021 servirán para recuperar a xornada 1 da competición por equipos de todas as categorías.
  • Na fin de semana do 27-28 / 02 disputarase a segunda xornada das seguintes competicións:
    • Benxamín
    • Infantil
    • Absoluto
    • Veteranos +60 masculino

O resto do calendario actualizarase seguindo a programación quincenal das distintas categorías.

Se algún equipo ten problemas para a convocatoria do primeiro fin de semana, pode solicitar o aprazamento, pero agradecemos o esforzo de todos por retomar a competición canto antes, seguindo de maneira exquisita o protocolo establecido para a competición por equipos.

Aos equipos que lles coincidan no mesmo horario varios equipos poden solicitar cambios de horarios ou aprazamentos durante estes dous fins de semana.

Lembramos que a asistencia de público non está permitida, polo tanto non se poderá estar vendo os partidos.

Ao longo de hoxe actualizarase todo o calendario das competicións por equipos na aplicación en función do calendario que aparece na seguinte ligazón.

En breve publicaremos a actualización do GALICIA HEAD TOUR para o que se establecerán mecanismos de coordinación cos campionatos galegos por equipos.

Moitas grazas pola vosa colaboración e moitos ánimos.

Comparte