Novo Curso Xuíz Árbitro

O CGAT informa dun novo curso de formación inicial na modalidade de xuíz árbitro que se imparte en liña na fin de semana do 24 e 25 de febreiro de 2024, promoción 17.

Este curso é válido para aqueles que obtiveron o curso de xuíz de liña/ xuíz de cadeira e realizaron as súas prácticas, e tamén serve para aqueles árbitros nacionais con titulacións anteriores ao plan docente de 2017 e que non fosen reciclados, podendo reciclarse facendo os cursos de xuíz de liña / xuíz de cadeira e/ou xuíz árbitro ao 50% de inscrición e sen realizar prácticas, solicitando en docencia@rfet.es o desconto correspondente.

O prazo de inscrición rematará o 14 de febreiro ás 12 horas.

Comparte