Martin Varela no V International Open Club Tennis Urgell

Martín Varela diríxese mañá mércores a Lleida para xogar o V Open International Open Club Tennis Urgell coa intención de encadear a súa terceira semana consecutiva sumando puntos na súa carreira a Río.

 
No club de tenis Urgell, o atleta do Corme disputará o seu oitavo torneo da tempada no que comeza como terceiro cabeza de serie detrás dos marroquís Boukartacha Lhaj e o madrileño Roberto Chamizo.
 
O tenista cormelán viaxa a Cataluña co claro obxectivo de loitar pola vitoria final para sumar o maior número de puntos posible para continuar cun firme paso cara ás olimpiadas de Brasil.
 
En dobres, Martín Varela emparellará con Kike Siscar, tenista de Torre Pacheco (Murcia). O dúo galego-murciano buscará a vitoria no torneo ilerdense, no que será a súa primeira competición xuntos.

 

Comparte