Resultados dos xogadores galegos no M25 Loule

Tres xogadores galegos participaron no torneo internacional M25 de Loulé, en Portugal. Destacamos os resultados de Rafa Izquierdo que logrou chegar a cuartos de final e de Tomás Currás que perdeu nos oitavos.

Rafa venceu a Daniels Tens (LAT) por 6-1 e 6-2 e a Ricardo Batista (POR) por 6-1 e 6-2 na fase de clasificación. Gañou a Alejandro Turriziani Álvarez (ESP) na primeira rolda do cadro final por 6-1 6-3 e a Dan Added (FRA) por 6-1 1-6 6-3 nos oitavos de final. Pedro Araujo (POR) eliminouno nos cuartos de final.

Tomás superou a clasificación eliminando a Tomas Almeida (POR) 6-2 6-2 e a Julius Augunas (LTU) 2-6 6-3 10-4. Gañou a Daniel Marincas (POR) na primeira rolda do cadro final cun dobre 6-3 pero na segunda perdeu ante Sebastian Fanselow (GER).

Outro xoven xogador galego participou neste torneo, Yeray Quian venceu a Naran Bahra (GBR) 6-2 6-0 na primeira rolda da fase de clasificación, pero na segunda foi eliminado por Ricardo Batista (POR) 6-4 2-6 4-10.

Comparte