Xuíces no XXIV Vigo Women Tennis Tour

O CGAT publica fotos dos xuíces no XXIV Vigo Women Tennis Tour organizado pola Federación Galega de Tenis nas instalacións do Complexo Deportivo de Samil durante a semana do 22 ao 28 de agosto de 2022.
  • Xuíz árbitro: Rogelio de Haro
  • Árbitro de cadeira bronce: Marc Sala
  • Xuíz de cadeira branca: Javier Estévez e José Lovera
  • Xuíz de cadeira nacional de chapa amarela: José Luis Iglesias, Álvaro Rivas e José Fariñas.
  • Xuíces de liña nacional de chapa amarela: Jaime Loureiro, Carlos Peco, Diego Vilar, Yago Cid, Simón Fariñas-Ferro, Julio Rodríguez, Jacobo Núñez, Leslie Corea, Alberte Zato e Manuel Martínez Baz.
  • Xuíza de liña en prácticas: Ana Rosa González Iglesias.

A partir dos cuartos de final, os partidos disputáronse con dous xuíces de liña e a final con catro.

Cabe destacar que o xuíz de cadeira, Álvaro Rivas, arbitrou o encontro que fora a final individual no 25000 Ourense.

Durante a semana estiveron acompañados por Gabriel Fernández como Presidente do CEAT.

Comparte