Día da Promoción da Escola de Tenis da vida

A Federación Galega e Cruz Vermella colaboran no desenvolvemento do proxecto Escola de Tenis da vida.

Hai uns días, Cruz Vermella da localidade de Boiro (A Coruña), en colaboración coa Federación Galega de Tenis e o proxecto da actividade mundial de tenis Tenis School of life organizou unha xornada de integración a través do deporte, a mencionada actividade promove o compañeirismo , amizade, educación, respecto e saúde. Valores que se promoven desde o proxecto da Cruz Vermella, contando con voluntarios formados como profesores de tenis para organizar e dirixir este día.

Comparte