Jessica Bouzas Maneiro subcampioa do ITF Ciudad de la Raqueta

Jessica Bouzas Maneiro conseguiu ser subcampioa do ITF Ciudad de la Raqueta, en Madrid.

A pontevedresa non cedeu ningún set ata chegar á final. Na primeira rolda eliminou á quinta cabeza de serie suíza Ylena In-Albon cun resultado de 62 63. Despois gañou a Adithya Karunaratne (HKG) cun 61 63 nos oitavos de final, nos cuartos gañou á española Ane Mintegi del Olmo cun 62 61 e finalmente en semis gañou á española Olga Saez por 75 e 62.
Na final non conseguiu superar á favorita do cadro, a suíza Conny Perrin 64 76 (8).
Nos dobres, Jessica logrou chegar ás semifinais formando parella con Laura Martí.
Parabéns Jessica por este gran final de tempada.
Comparte