Iván Martínez Barredo, Officiating Lead en la Federación Internacional de Tenis

O noso compañeiro e asesor do CGAT FGTenis, Iván Martínez Barredo permanecerá en Londres durante 12 meses para traballar como Officiating Lead na Federación Internacional de Tenis, unha responsabilidade que ostenta dende o 9 de agosto despois de superar un proceso de selección.

Ata agora, Iván dedicaba todas as súas enerxías ao cargo de vicepresidente primeiro do Comité Español de Árbitros de Tenis, sendo durante os últimos catro anos responsable de nomeamentos, avaliacións, internacional, regulación e formación, áreas que sufriron profundas reformas co fin de abrir paso a unha nova xeración de árbitros no noso país.

Na ITF, Iván, xunto con Anders Wennberg, foran os encargados de resolver as consultas de arbitraxe relacionadas co covid-19, que incluían viaxar a varios países representantes da institución nos primeiros torneos que se celebraron en época de pandemia. Tamén foi orador en seminarios web de adestramento e xuíz árbitro nas eliminatorias da Copa Davis e noutros torneos. En España este ano foi o xuíz árbitro do ATP de Marbella e o xuíz arbitro adxunto ATP e WTA do Mutua Madrid Open.

O presidente do CEAT, Gabriel Fernández Mourelle, ten orgullo de que a ITF conte cun español para xestionar o Departamento de Árbitros neste momento.

Comparte