IV Torneo Internacional Senior Sanxenxo

Concluíu a cuarta edición do Torneo Sénior Internacional de Tenis CCD Sanxenxo.

Con este torneo o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo comeza un outono cheo de torneos internacionais xa que en poucas semanas comezará o internacional júnior e posteriormente o internacional cadete.

Segundo nos contou o presidente do club anfitrión Paco Hernández "Con este torneo queremos homenaxear aos tenistas veteranos do noso clube, son parte da historia da nosa sociedade e merecen unha competición por e para eles"

O director deportivo de Sanxenxo, Noli Álvarez, comentou "Estamos moi contentos co desenvolvemento do torneo e a maioría dos xogadores que nos visitaron prometen volver, ese é o mellor sinal. E por se fose pouco, os nosos veteranos obtiveron grandes resultados”

Lista de campións:

Individual Masculino + 70

  • Campión – Fernando Leiro
  • Subcampión – José Seoane Pérez

Individual Masculino + 65

  • Campión – José Luis Padín Núñez
  • Subcampión – Antonio Prado Sineiro

Dobres Masculino + 60

  • Campión – Serafín Afonso Baña / José Luis Blanco Villar
  • Subcampión – Nervino Barbón / Eliseo Sánchez Novoa

Individual Masculino + 60

  • Campión – Serafín Afonso Baña
  • Subcampión – José Luis Blanco Villar

Individual Masculino + 55

  • Campión – Rogelio Domínguez Fernández
  • Subcampión – José M García Fariña

Dobres Masculino + 50

  • Campión – Javier Iglesias Varela / José Manuel Pose Gerpe
  • Subcampión – Javier Cortizas / Roberto Riveiro

Individual Masculino + 50

  • Campión – Luis José Ordieres Canal
  • Subcampión – Andrés Riveiro Sestelo

Individual Feminino + 45

  • Campioa – Marga Fernández
  • Subcampioa – Paula Estávez

Individual Masculino + 45

  • Campión – Alberto Martínez Mougán
  • Subcampión – Jorge Otero Corral

Dobres Masculino + 30

  • Campión – Cami Camina Fernández / Sergio Leiro
  • Subcampión – Antón Grela Moreda / Gonzalo López Braga

Individual Masculino + 30

  • Campión – Sergio Leiro
  • Subcampión – Dani Conde

Comparte