Circuíto Babolat e coordinación da competición por equipos

Infórmase a todos os equipos que para unha boa coordinación de todas as competicións e debido ao número de aprazamentos producidos esta fin de semana, o comité de competición establece o seguinte.

  • A primeira proba do circuíto Babolat e a Copa Babolat deben programar os partidos pendentes para rematar a competición o sábado 18/02/2017. Isto significará que esta fin de semana algúns xogadores das categorías masculinas terán que xogar o sábado 11/02 e o domingo 12/02.
  • Os partidos aprazados deberán establecer unha data entre o 7/02/2017 e o 18/02/2017 para disputar estes partidos, comunicándoo previamente ao comité de competición. 
  • Aqueles equipos que teñan xogadores implicados en Babolat poden solicitar o aprazamento da última xornada ao domingo 19/02/2017. 

 

* Esta vez non modificamos ningún xogo anteriormente porque entendemos que xa haberá equipos que non teñan xogadores implicados e consideramos que cantos menos cambios se fagan no calendario mellor.
 
O noso obxectivo é rematar esta primeira fase o 19/02/2017, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
 
O comité de competición. 
Comparte