Convocatoria Preinscrición Curso de Técnico Nivel 1 2021

Ábrese o prazo de preinscrición para o Curso de Técnico de Nivel 1 2021.

Características :

O curso de técnico de nivel 1 ten 3 bloques:

  • Bloque Común (en liña, con exames presenciais) (Escola Galega do Deporte)
  • Bloque específico (en liña e presencial) (Federación Galega de Tenis)
  • Bloque de prácticas (Federación Galega de Tenis)
Para acceder ao curso son necesarios os seguintes requisitos:
  • Certificado de ESO ou superior (ou ter superada a proba de madurez).
  • Ter máis de 16 anos.
  • Superar a proba de capacitación específica de tenis.
Datas: xuño e xullo de 2021.
As prazas son limitadas polo que se seguirá unha rigorosa orde de inscrición a través do seguinte formulario:

Bloque común

Este ano a "Escola Galega do Deporte" ofrece un máximo de 15 prazas para cursar o bloque común.

O custo deste curso corresponde ás taxas que roldarán os 45 €.

Bloque específico

Este bloque será desenvolvido pola Federación Galega de Tenis e poderán acceder a el

  •  As 15 prazas confirmadas do bloque común.
  • Exalumnos/as da Federación Galega de Tenis que aínda non superaron unha materia de cursos anteriores.
  • 5 prazas para alumnos/as que xa teñen o certificado do bloque común de nivel 1.
  • O custo do bloque específico é de 650 €.
Bloque de prácticas: 

Este bloque desenvolverase nunha escola homologada para levar a cabo as prácticas.

Comparte