Convocatoria do Campionato Galego por Equipos Veteranos+50 feminino

Infórmase de que este ano 2023 porase en marcha unha nova categoría de competición no Campionato Galego de Equipos:
  • Campionato Galego de Equipos Veteranos+50 Feminino.
coas seguintes características:
  • O sistema de xogo é de 2 individuais + 1 dobre.
  • En función dos equipos inscritos establecerase o modelo de competición.
  • Esta categoría programarase os mesmos fins de semana que a competición absoluta por equipos, e en semanas diferentes á de veteranas+35 equipos, co obxectivo de que os equipos poidan coordinar a súa participación en ambas as dúas competicións.
  • A categoría Veteranas+50 confirmarase se non afecta ao número de equipos da categoría Vet35.

Comparte