Convocatoria Asemblea Xeral - Federación Galega de Tenis 24/03/2023

Por orde do Sr. Presidente da Federación Galega de Tenis, D. José Mosquera Casero, convócase reunión de Asemblea Xeral, que terá lugar o venres 24 de marzo de 2023 ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda na Aula nº 11 -1 andar da Escola Galega de Administración Pública, situada na Rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela.

ORDE DO DÍA:

  1. Aprobación da acta da reunión anterior.
  2. Memoria Deportiva da Federación Galega de Tenis, 2022
  3. Avance o Liquidación do exercicio de 2022
  4. Aprobación do Orzamento de ingresos e Gastos do 2023.
  5. Tarifas para o ano 2023 e licenzas 2023/2024.
  6. Autorización ao presidente para solicitar pólizas de crédito por valor máximo do 10% do orzamento e así mesmo ata o máximo do importe do 100% de subvencións específicas concedidas en firme.
  7. Calendario de competición do 2023.
  8. Modificacións ao Regulamentos de Competicións.
  9. Propostas recibidas na Federación Galega de Tenis por D. Luis Fernández Martínez
  10. Informes do Presidente.
  11. Rogos e preguntas.
Comparte