Concentración de Veteranas 2022

Os días 4 e 5 de xuño de 2022 celebrouse o tradicional encontro anual de veteranas no Club de Tenis Vila Real en Portugal. 

Crónica que nos envía Tere Castro:

Despois dun descanso debido á pandemia, trasladámonos a terras portuguesas para reunirnos de novo coas nosas veciñas portuguesas.

O Club de Tenis Vila Real recibiunos cos brazos abertos e así puidemos gozar durante dous días da súa hospitalidade e xenerosidade, ofrecéndonos as súas pistas, un pack agasallo de benvida e convidándonos a dous xantares, con pastéis de nata incluídos, como así como unha visita guiada pola cidade e unha excursión en autobús ao miradoiro de San Leonardo, onde puidemos admirar as marabillosas vistas sobre o Douro e as fermosas paisaxes de viñedos.

O sábado pola noite celebrouse unha cea de confraternización cos nosos compañeiros portugueses, á que tamén acudiron varias autoridades locais.

Grazas a Rui e José, presidente do Club de Tenis Vila Real, pola súa implicación na organización e a súa hospitalidade. Grazas tamén ás nosas compañeiras portuguesas pola súa simpatía, deportividade e acompañamento durante a nosa estadía.

Realmente disfrutamos dunha fin de semana marabillosa e esperamos corresponder o ano que vén na nosa Galicia.

Xogadoras galegas que participaron no encontro:

  1. Clementina Abalde Comesaña (Club Tenis Nigrán)
  2. Ángela Pazos Comesaña (Club Tenis Nigrán)
  3. María Teresa Castro Jorreto (Club Tenis Nigrán)
  4. Sofía González De la Cuesta (Real Club Náutico de Vigo)
  5. Conchita Villacieros Aranguen (Real Club Náutico de Vigo)
  6. Alicia González De la Cuesta (Real Club Náutico de Vigo)
  7. Margarita Fernández Piñeiro (Círculo Cultural y Deportivo de Sanxenxo)
  8. María Sicre Romero (Casino Ferrolano TC)
  9. Teresa Díaz-Casteleiro Romero (Casino Ferrolano TC)
  10. María José Valdés Méndez (Club Tenis Santo Domingo)
  11. Inmaculada Rafael Ramos (Club Tenis Santo Domingo)
  12. Lara González Vilariño (Club Tenis Gondomar)
  13. Ana María Pascual Hermida (Club Tenis Gondomar)
  14. Ana Prejigueiro Santas (Club Tenis Gondomar)
  15. Mónica López Gregorio (Club Tenis Gondomar)
  16. María José Ares Veloso (Club Tenis Gondomar)
Comparte