Comunicado Liga Mapfre de Tenis Praia

Este comunicado é para informar a todos os federados da suplantación de identidade na xestión da organización do torneo Liga Mapfre de Tenis Praia celebrado en Galicia.

O 7/02/2024 publicouse na web da Real Federación Española de Tenis un fact sheet falso enviado por unha persoa allea a FGTenis na que se indicaba que a sede do torneo estaría en Sada A Coruña.

A partir de hoxe, 8/02/2024, esta incidencia coa Española xa está resolta e a Liga Mapfre de Tenis Praia seguirase disputando en Vigo tal e como estaba previsto dende o principio.

A Federación Galega de Tenis está a analizar o caso para iniciar as accións legais pertinentes.

Comparte