Celia Cerviño Ruiz subcampioa de dobres en Túnez

Celia Cerviño Ruiz proclamouse subcampioa de dobres no Torneo Monastir WTA (Túnez) celebrado do 7 ao 13 de decembro de 2020.

No sorteo do cadro individual caeu ante a cabeza de serie número 6, Sada Nahimana (BDI) na primeira rolda.

No cadro de dobres, a xogadora licenciada polo Club de Tenis de Pontevedra, formou parella con Olivia Gram (DEN), comezaron eliminando ás favoritas da táboa, Maria Bondarenko (RUS) e Flavie Brugnone (FRA) cun gran resultado de 62 61. Despois gañaron a Lola Mireille Glantz (GER) e Helena Narmont (EST) cun dobre 62 en cuartos de final e en semifinais foron as gañadoras dun partido moi duro contra Bojana Marinkovic (SRB) e Eliessa Vanlangendonck (BEL), o resultado 62 67 (5) [10-7].

Na final, non conseguiron superar ás xogadoras de Bosnia Herzegovina Nefisa Berberovic (BIH) / Anita Husaric, o resultado un dobre 64.

Parabéns a Celia por este gran resultado.

Comparte