Campionato Galego Absoluto por Equipos 2022

A pasada fin de semana, do 18 ao 19 de xuño, celebrouse a concentración do Campionato Galego de Equipos División Ouro Absoluto masculino e feminino.

A categoría feminina disputouse no Club Tenis Pontevedra, o sábado disputáronse as semifinais, os equipos que se enfrontaron foron:

Semifinal 1: Club de Tenis Pontevedra VS Ureca
Semifinal 2: Club de Tenis Coruña VS Sporting Club Casino Coruña

O Club de Tenis Pontevedra meteuse na final por un axustado 3-3 ante o Ureca, na segunda semifinal os xogadores do Club de Tenis Coruña venceron por 3-1 ao Sporting Club Casino Coruña.

O domingo disputouse a final entre os equipos do Club Tenis Pontevedra e o Club Tenis Coruña, o Club Tenis Coruña logrou facerse co título cun rotundo 0-4.

Resultados dos partidos individuais:

Carla del Barrio (LOC) vs Eva Álvarez (VIS) – 1-6 3-6
Laura Álvarez (LOC) vs Ainara Vegal (VIS) – 0-6 6-7 (4)
Claudia Oriana (LOC) vs Adriana Subias (VIS) – 2-6 3-6
María del Cueto Mouriño (LOC) vs Celia Montero (VIS) – 0-6 0-6

Non se disputou a categoría de dobres.

A categoría masculina celebrouse no Club de Tenis Coruña, os equipos participantes foron:

Semifinal 1: Club de Tenis Coruña VS Fluvial de Lugo
Semifinal 2: Sporting Club Casino Coruña VS Ureca

O Club de Tenis Coruña logrou acceder á final tras vencer por 5-4 ao Club Fluvial de Lugo, na segunda semifinal os de Ureca venceron por 6-0 ao Sporting Club Casino Coruña.

A choiva estivo presente na final, unha final moi apretada na que os dous equipos pelexaron cada partido ata o final, a vitoria foi para o Ureca que venceu por 5-4 e proclamouse Campión por equipos absolutos División Ouro

Resultados dos partidos individuais:

David Cao (LOC) vs Tomas Curras (VIS) – 5-7 0-6
Jose Basanta (LOC) vs Rodrigo Pérez (VIS) – 3-6 6-1 3-6
Jesus S Bouza (LOC) vs Roberto Rodríguez (VIS) – 2-6 2-6
Álvaro Fernández (LOC) vs Dani García Suárez (VIS) – 6-2 6-4
Rafael Izquierdo (LOC) vs Iago Salvador Pita (VIS) – 6-4 6-4
Gerard Escandell (LOC) vs Carlos Rodríguez (VIS) – 6-2 2-6 6-1

Resultados do partido de dobres:

David Cao Pardal / Rafael Izquierdo (LOC) vs. Tomas Curras Absolo / Carlos Rodríguez González (VIS) – 4-6 3-6
Alejandro Vizoso Ansedes / Jesus S Bouza Puente (LOC) vs Rodrigo Perez Crespo / Roberto Rodríguez (VIS) – 2-6 6-7
Luis Fernández Labarta / Gerard Escandell (LOC) vs Dani García Suárez / Iago Salvador Pita (VIS) – 4-6 6-3 10-5

Estos son os equipos vencedores no Campionato Galego por Equipos Absolutos:

Absoluto Feminino:

  • Campioas División Ouro: Club Tenis Coruña (A)
  • Subcampioas División Ouro: Club Tenis Pontevedra (A)
  • Campioas División de Prata: Club de Tenis Coruña (B)
  • Subcampioas División de Prata: Club USC (A)
  • Campioas 1a División: RSD Hípica Coruña
  • Subcampioas 1a División: Ureca (C)
  • Campioas 2a División: Club de Tenis Tui (A)
  • Subcampioas 2a División: Club USC (B)
  • Campioas 3a División: Escuela de Tenis Justo al Reves (B)
  • Subcampioas 3a División: Club de Tenis As Termas (A)

Absoluto Masculino:

  • Campións División Ouro: Ureca (A)
  • Subcampións División Ouro: Club de Tenis Coruña (A)
  • Campións da División de Prata: CD Universidade de Vigo (A)
  • Subcampións da División de Prata: Club de Tenis Gondomar (A)
  • Campións 1a División: Club de Tenis Cambados (A)
  • Subcampión 1a División: Club de Tenis As Termas (A)
  • Campións 2a División: Club de Tenis Coruña (C)
  • Subcampións 2a División: Club de Tenis Tui (A)
  • Campións 3a División: Club de Tenis As Termas (C)
  • Subcampións 3a División: AD Val da Mahia (B)
  • Campións 4a División: Club USC (C)
  • Subcampións 4a División: Club de Tenis As Pontes (A)
  • Campións 5a Division: Escuela de Tenis Justo al Reves (B)
  • Subcampións 5a División: CC Deportivo Sanxenxo (C)

Parabéns a tod@s!

  • Campións Galegos Absolutos División Ouro: Ureca – Pablo Rodríguez, Iago Salvador Pita, Rodrigo Pérez Crespo, Javier Curras, Daniel García Suarez, Tomas Curras Absolo, Carlos Rodríguez González

  • Campionas Galegas Absolutas División Ouro Feminina: Club de Tenis Coruña – Adriana Subias, Ainara Vegal, Iago Fernández Reija, Eva Álvarez, Celia Montero

  • Campionas Galegas Absolutas División Ouro Feminina: Club de Tenis Coruña – Eva Álvarez, Iago Fernández Reija, Celia Montero, José Mosquera

Importante: Para publicar as fotos necesitamos a túa autorización. Se aínda non o enviaches podes descargala aquí e enviala a info@fgtenis.net

Comparte