Campionato de España MAPFRE de Tenis Junior

Do 15 ao 21 de agosto celébrase no Club Tennis els Gorchs, Les Franqueses del Vallés o Campionato de España MAPFRE de Tenis Junior

O xogador Saúl Berdullas Calviño do Club Familiar Los Tilos conseguiu o pase á Fase Final grazas ao seu título de Campión Galego Junior, Saúl quedou fóra na primeira volta tras perder contra Pablo Hermoso Torres por 7-6(6) 6-1.

O xogador Ander Tarrio Ponte do Real Aero Club de Santiago xogou a fase previa, Ander logrou o pase á Fase Final do torneo tras vencer a Hugo Ruiz Rodríguez por 5-7 6-3 (10-5) e a Iñigo Villacampa Goñi por 6-1 6-2, na fase final logrou vencer por a Bosco Fernández De Larrea por 6-1 6-2, en oitavos de final Ander perdeu contra Ignacio Parisca Romera por 6-0 6-2.

Na categoría de dobres, Ander formando parella con Iván Perez Martin venceron na primeira volta a Jorge Lopez Dominguez e Carles Rojas Pañella por 4-6 6-4 (10-7), na segunda volta perderon ante Naim Benito Fernández e Oscar Gabriel Morales Barrera por 7-6(7) 6-4.

Saúl Berdullas formando parella con Francisco Escalona Gil perderon na primeira volta ante a parella formada por Izan Almazan Valiente e Sergio Callejon Hernando 6-3 6-4

Comparte