Illobre campión do cadro de consolación do Campionato de España de Tenis en Cadeira de Rodas 2020

Álvaro Illobre conseguiu ser campión do cadro de consolación do 30o Campionato de España de Tenis en Cadeira de Rodas, despois de vencer na final a Juan José Rodríguez cun dobre 75.

No cadro principal, Álvaro caeu ante Juan Ramón Ortiz e no de dobres, formando parella con Francesc Prat, non conseguiron superar á parella formada por Arturo Montes e Francisco García.
Martín De la Puente, aínda que estivo inscrito no Campionato, non tivo a oportunidade de defender o título de campión, posto que deu positivo na proba de recoñecemento COVID, dende a Federación Galega de Tenis enviamos todo o noso apoio.
Comparte