Axudas á participación no torneo de referencia Rafa Nadal Sevilla

A Federación Galega de Tenis publica as axudas para a asistencia ao torneo de referencia do programa de tecnificación:

  • Rafa Nadal Tour Sevilla do 23 ao 28 de febreiro de 2021.
Condicións:
  • Participar no cadro final do torneo en calquera das súas categorías.
  • Compensación do 50% dos gastos nos seguintes conceptos:
    • Manutención cun máximo de 35 € por día / persoa.
    • Aloxamento cun máximo de 45 € por día / persoa.
    • Inscrición.
    • Desprazamento desde o lugar de orixe ata o destino cun máximo de 0,19 € / km máis as peaxes correspondentes.
  • Poderán xustificarse os gastos do adestrador.
  • Todos os gastos deberán xustificarse mediante facturas ao final do evento.
  • A lista de facturas debe enviarse ao correo electrónico info@fgtenis.net. Indicando os datos completos de nome, apelidos, enderezo, DNI e número de conta da persoa á que se debe facer o ingreso.
  • Para acceder a esta axuda, deben enviar o seguinte formulario cuberto.

Comparte