Agradecemento pola participación no Programa Corresponsables 2023

Dende a Federación Galega de Tenis queremos agradecer a todos os clubs, asociacións, Anpas, centros escolares e Concellos que participaron no Programa Corresponsables 2023.

A actividade que comezou en agosto nas catro provincias de Galicia contou cunha alta participación, constituíndose 550 grupos ata o mes de outubro.

Isto, sen dúbida, foi posible grazas á confianza e participación de todas as nenas e nenos que se apuntaron ás actividades.

Este ano, as axudas concedidas pola Xunta de Galicia permitíronnos subvencionar a estas nenas e nenos con clases gratuítas de tenis nos meses de agosto, setembro e outubro.

Por último, queremos recoñecer e agradecer á Xunta de Galicia e á Consellería de Igualdade a posta en marcha deste programa que permite conciliar e, sobre todo, achegar o tenis aos menores de 16 anos. Agardamos que o vindeiro ano 2024 volvamos desenvolver este programa.

Marco Antonio Casal Costas. Director Deportivo da FGTenis.

Comparte