Actualización do censo de clubs

Dada a importancia para a Federación Galega de Tenis de que se actualicen os datos dos clubs, enviamos a todos o seguinte formulario para que poida ser cuberto antes do 28/02/2017.

 
 
 
O obxectivo deste formulario é o achegamento da Federación Galega de Tenis aos clubs galegos, buscando actualizar o censo e ter un coñecemento actualizado da súa situación. 
 
Ademais disto, queremos que coñezas de primeira man os programas que leva a cabo a Federación, así como as posibles suxestións dos clubs para mellorar o noso traballo. 
 
O obxectivo final do proceso é poder ofrecer un plan de colaboración, asistencia e desenvolvemento de tenis a cada club. 
 
Importante: para acceder a calquera axuda da Federación, é obrigatorio ter cuberto este formulario. 
 
Lembrámoslles aos clubs que este ano se puxo en marcha o programa Bonolicense, polo que se ofrece unha bonificación a todos os clubs galegos para que poidan tramitar unha serie de licenzas sen custo, federando aos seus xogadores sempre que nunca houbo licenza.
 

 

 

Comparte