Calendarios Campionatos Galegos por Equipos 2024: benxamín, alevín, infantil, júnior, absoluto, veteranas +35, veteranos +45, veteranas +50, veteranos +60 e veteranos +65
Publicamos os calendarios das fases de liga das seguintes competicións:
- Benxamín masculino e feminino.
- Alevín masculino e feminino.
- Infantil masculino e feminino.
- Junior masculino e feminino.
- Absoluto masculino e feminino.
- Veteranas + 35 feminino.
- Veteranos +45 masculino.
- Veteranas +50 feminino.
- Veteranos +60 masculino.
- Veteranos +65 masculino.
No seguinte enlace pódese consultar os regulamentos específicos de cada categoría:
Avisos importantes:
- É responsabilidade dos equipos ter os xogadores inscritos na aplicación coa licenza de alta para a tempada 2023-2024.
- En todas as categorías con sistema de competición 4-2, se un equipo gaña os dous dobres terá un punto extra.
- Nos sistemas de competición 5-2 concederase un punto extra se se gañan os dous dobres nas fases de Liga, pero nas eliminatorias este punto non se sumará.
- Lembrámosvos que as actas deben enviarse antes dos martes ás 12:00 horas. Recomendamos que cubrades as actas durante a celebración do encontro.
- Sistema da Copa Davis:
- Cando o equipo visitante non se presente a xogar, e o equipo local siga xogando, non contará ese encontro para a Copa Davis.
- Cando o equipo local non queira xogar, e o equipo visitante si, ese encuentro sí computará no sistema Copa Davis.
Recomendamos cos equipos estuden o seu calendario en todaslas categorías. Unha vez analizado, cando se detecten encontros programados a mesma hora, solicitamos que envíen as modificacións do horario de xogo o antes posible para que todoslos equipos poidan organizarse con tempo.
O comité de competición.