Resultados de Jessica Bouzas no Internacional W25 Darmstadt

A xogadora galega Jessica Bouzas Maneiro conseguiu ser semifinalista no formato individual e finalista na proba de dobres do Torneo Internacional W25 de Darmstadt en Alemania.

Jessica gañou na primeira volta 6-1 7-6(4) ante a xogadora licenciada polo Valencia Tenis Club, Leyre Romero Gormaz, que tamén é a súa compañeira de dobres neste torneo.

Na segunda rolda gañou a Arina Gabriela Vasilescu (ROU) por un rotundo 6-0 6-1 e en cuartos de final eliminou á francesa Carole Monnet, cuarta cabeza de serie, cun resultado de 7-6(6) 6-2.

En semis, perdeu por 3-6 6-2 6-3 ante a campioa deste torneo internacional, a croata Antonia Ruzic.

Na modalidade de parellas, Jessica e Leyre eliminaron, cun resultado de 6-2 6-4, ás favoritas, as rusas Irina Khromacheva e Ekaterina Makarova. En cuartos de final venceron a Elizabeth Halbauer (EEUU) e Sina Herrmann (GER) por un axustado 6-3 5-7 19-7. Nas semifinais venceron a Oana Gavrila (ROU) e Ariana Gabriela Vasilescu (ROU) por 7-5 e 6-3.

Na final non lograron superar a Elena Malygina (EST) e Alice Robbe (FRA), o resultado dun dobre 7-5.

Comparte