Campionato Galego por Equipos de Veteranos +60 2022
Finalizado o Campionato Galego de Equipos Veteranos +60 2022.
Na división de honra, o Redes Tenis Club gañou o partido final ante o Real Club de Tenis Coruña cun resultado de 5-1.
O campión de primeira división foi o Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo, vencendo na final ao Club Grupo Bazán, tamén cun resultado de 5-1.
Importante: Para publicar as fotos necesitamos a túa autorización. Se aínda non o enviaches podes descargala aquí e enviala a info@fgtenis.net