Convocatoria Asemblea Xeral - Federación Galega de Tenis 18/12/2021
Por orden do Sr. Presidente da Federación Galega de Tenis, D. José Mosquera Casero, convócase reunión de Asemblea Xeral, o próximo sábado, 18 de decembro ás 16:00 horas en primeira convocatoria e 16:30 horas en segunda no salón de actos do Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 4 de Santiago de Compostela (actual sede da Federación Galega de Fútbol en Santiago)
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da reunión anterior.
- Aprobación do orzamento de ingresos e gastos 2022
- Tarifas para o ano 2022.
- Autorización ao presidente para solicitar pólizas de crédito por un valor máximo do 10% do orzamento.
- Modificación Regulamento de Licenzas a petición de Secretaria Xeral para O Deporte.
- Calendario de competición do 2022.
- Modificacións ao Regulamentos de Competicións.
- Informes do Presidente.
- Rogos e preguntas.