Martín de la Puente proclámase campión en dobres e subcampión en individual no Open International De L'ile de Re

Martín proclámase campión de dobres xunto co francés Nicolas Peifer no Open International De L'ile de Re, celebrado do 15 ao 19 de xuño en La Couarde Sur Mer. En cuartos de final venceron á parella formada polo arxentino Ezequiel Casco e o francés Guillaume Legendre por un rotundo 6-0 6-0, en semifinais venceron ao brasileiro Daniel Rodrigues e ao australiano Ben Weekes por 6-1 6-0. A final foi máis apretada pero finalmente conseguiron vencer á parella formada por Tom Egberink (NED) e Maikel Scheffers (NED) 6-4 5-7 13-11

No cadro individual, Martín conseguiu facerse co título de subcampión, chegou á final sen demasiadas complicacións, superando a Mike Denayer (BEL) por 6-0 6-2 na segunda volta, nos cuartos de final pola retirada de o seu rival Maikel Scheffers (NED) cando o resultado foi de 6-2 2-0, en semifinais gañou a Tom Egberink (NED) por 6-4 6-1 e na final, aínda que moi axustado, non conseguiu gañar o título, perdeu 6-4 5-7 3 -6 contra o seu compañeiro de dobres o francés Nicolas Peifer.

Parabéns Martín!!

Comparte