Axudas DGAN 2020 – Listado Provisional

A Fundación Deporte Galego publica hoxe, 16 de novembro, o listado provisional de solicitudes admitidas, con documentación incompleta, fora de prazo e que non cumpren, da Convocatoria de Axudas a Deportistas de Alto Nivel “Axudas DGAN 2020”:

No caso das solicitudes pendentes de documentación, terán ata o lunes 30 de novembro para poder presentar os documentos requiridos accedendo á Carpeta do Cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (presentación telemática), no Rexistro da Fundación Deporte Galego ou en calquera rexistro oficial previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 
 
 
Comparte