Xornadas sobre deporte inclusivo ( Maio – Xuño 2023)

Xornadas sobre deporte inclusivo: “Formando ao persoal técnico deportivo na inclusión das persoas deportistas con diversidade funcional ”.

O obxectivo da xornada é a capacitación do persoal federativo en actuacións de promoción da igualdade de oportunidades e condicións entre persoas con diversidade funcional no ámbito do deporte, actuacións consideradas estratéxicas para o crecemento do deporte galego, e presentes tamén nas políticas da Administración deportiva autonómica e nos Fondos Europeos (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia).

A xornada será presencial con 20 horas de duración e se desenvolverá en 4 módulos en horario de 16:30 a 20:30 horas. O enfoque será teórico – práctico, con visualización de contido divulgativo, presentación de proxectos no ámbito da inclusión deportiva, posta en común de casos e resolución de dúbidas baixo a seguinte estrutura:

Para inscribirse haberá que enviar un correo electrónico ao mail escolagalegadodeporte@xunta.gal indicando: NOME – VINCULACIÓN COA FEDERACIÓN DEPORTIVA GALEGA – TELÉFONO – E-MAIL DE CONTACTO.

O prazo de inscrición remata o mércores, 26 de abril de 2023 incluído.

Calquera dúbida se atenderá nos teléfonos de contacto seguintes: 881996360 – 881996362 -881996365 – 881996367.

Comparte