Subvenciones clubs PR945C – Convocatoria 2026
El lunes se publicó en el Diario Oficial de Galicia la convocatoria de subvención para el desarrollo actividades deportivas (procedimiento PR945C).
El plazo de solicitudes finalizará el 2 de marzo.
La Xunta informa:
«MOI IMPORTANTE: Comprobación de obrigas tributarias
Ano tras ano comprobamos que numerosos clubs resultan non conformes coa Axencia Estatal Tributaria por non estar ao día das obrigas tributarias por incumprimento de presentación de declaracións ou autoliquidacións, principalmente por non presentar o Imposto sobre Sociedades, mesmo nos casos en que non exista obrigación de ingresar cota.
Estes resultados NEGATIVOS provocan que todos estes expedientes non se poidan tramitar con normalidade, obrigando a iniciar un proceso de emenda que supón máis xestións para o club e para a administracións, e polo tanto unha perda de tempo innecesaria, que como consecuencia retrasa a resolución das subvencións, prexudicando a todos os solicitantes.
Por iso, recoméndase verificar antes ou inmediatamente á presentación da solicitude a situación fiscal do club no que respecta ao imposto de sociedades e, no seu caso, regularizar a súa situación, para que unha vez comprobemos dita situación, esta sexa POSITIVA.»

