Yeray Quián Darriba Campión de Dobres Cadete e Nicolás Bellas Panadero Campión de Dobres Infantil no TTK Warrios de Castellón

Yeray Quián Darriba do Club Tenis Coruña proclamouse campión de Dobres Cadete no TTK Warrios de Castellón acompañado do madrileño Carlos Patricio Merlo.

En cuartos de final venceron a Durrels Rojo, B. / Menendez Soto, I. por 4-1 3-5 (10-8), en semifinais conseguiron vencer á parella número 1 do cadro final, formada polo asturiano Gonzalo Fernández Ornia. e Lucas Descalzo Álvarez 4-2 4-0, e na final venceron á parella madrileña Asier Ayllon Prado e Hugo Palacios Plaza por 4-1 2-4 (10-7)

No cadro individual caeu na primeira volta ante o subcampión do torneo, Thomas Giménez, do Club Tenis Benicarló, nun encontro que acabou perdendo por 6-3, 2-6, 9-11.

O galego Nicolás Bellas Panadero, tamén do Club Tenis Coruña, ao igual que Yeray, logrou tamén o título de campión de dobres na categoría Infantil, xogando en parella con Jose Ignacio Cuevas Sobejano, conseguiron vencer en semifinais a Cozar Gimenez, M. ./ Tomas García, H. 4-0 5-3 e na final Bastos, S. / Palomar, V. 4-1 4-2

No sorteo individual chegou ás semifinais do torneo tras vencer na segunda volta a Ivan Costa López por 3-6 6-0 (10-7), a Adria Velázquez Ferre 6-4 6-3 en cuartos, e Nicolás caeu ante Hugo Tomas García, número 2 do cadro, por 7-5 6-2

Parabéns por estes grandes resultados!

Comparte