Tres galegos soben ao podio do Circuíto Warriors Ciudad de la Raqueta

Do 5 ao 9 de xaneiro de 2022 celebrouse na Cidade da Raqueta unha proba do circuíto nacional Warriors, na que tres tenistas galegos lograron subir ao podio.

Na categoría alevín masculino, Mateo Valares Otero conseguiu ser campión sen renunciar a un só set. Gañou a Nicolás Lopesino Castro 6-3 6-1, a Sergio Prádanos Galerón con un dobre 6-1, a Alejandro Carrión Rodríguez 6-2 6-0 e finalmente venceu por 6-4 7-6 na final a Matias Pujadas.

Na categoría infantil feminina Emma Baliña Rodríguez logrou o trofeo de campioa gañando a Claudia Cairols 6-4 6-2, a María Gajete Díaz 6-1 6-3, a Noa Ribera Brisa 6-1 6-2, a Georgiana Juchu por 6-2 6- 4 e finalmente a Mar Hernández Carmona cun gran resultado de 6-2 6-3.

Nicolás Bellas Panadero foi subcampión na categoría infantil masculina. Gañou a Yago Castellanos Sánchez 7-6 5-7 10-6, a Jorge Martínez Vázquez con dobre 6-2, a Adrián Oltean Achacollo 7-6 6-7 11-9 e a Darío Carballal Figaredo 6-2 6-3. Na final cedeu ante Gonzalo Castro cun resultado de 6-1 6-3.

¡Parabéns rapaces!

Comparte