Torneo Concentración Pickleball Galicia Calidade

A Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda foi o escenario do Torneo-Concentración de Pickleball Galicia Calidade, que se celebrou os días 15 e 16 de novembro de 2025, nun evento que combinou competición, formación e convivencia entre a comunidade de pickleball de Galicia.

O evento contou co apoio da Xunta de Galicia, Galicia Calidade, HEAD, TennisLife, RFET e Marvi, e reafirma o compromiso da Federación Galega de Tenis co crecemento e consolidación do pickleball como deporte emerxente en Galicia.

Estes foron os gañadores do torneo:

Absoluto dobres mixtos:

  1. Elsa Corral / José Mosquera
  2. Ana Méndez / José Nogueiro
  3. Yolanda Colmenero / Daniel Rodríguez

Absoluto dobres masculinos:

  1. Daniel Rodríguez / José Mosquera
  2. José Nogueiro / Nicolás Corral

Veteranos +50 individual masculino:

  1. Roberto Bustillo
  2. José Nogueiro
  3. José Mosquera

Absoluto masculino:

  1. Roberto Bustillo
  2. José Mosquera
  3. Daniel Rodríguez

Absoluto feminino:

  1. Elsa Corral
  2. Yolanda Colmenero
  3. Ana Méndez

Prensa

Galería

Comparte