Tomás Curras finalista do ITF World Tennis Tour M15 Sanxenxo
O vigués Tomás Currás, do equipo URECA, non puido co rotundo saque do sueco Olle Wallin, que gañou o ITF World Tennis Tour M15 Sanxenxo por 1-6 e 4-6.
Aínda que o vigués non puxo as cousas fáciles, cunhas xogadas nas que o seu resto levaba á desesperación ao sueco, os potentes saques de Wallin foron o maior hándicap de Currás, que viu como ía sumando sets ao marcador do seu rival.
"Contento por la semana. La verdad es que llegar a la final en casa está muy bien ", dixo o xogador galego.Vengo haciendo buenos resultados y espero seguir así. El martes ya estaré jugando en Sabadell. Esto sigue así todas las semanas ", explicou Currás sobre o ritmo dos torneos que disputan.Agradecer a todo el público por venir, a la organización, a los Jueces y Árbitros, a los recogepelotas y espero vernos el próximo año. Así da gusto jugar ", concluíu o tenista de URECA.
Un público abarrotado na bancada nun día brillante no meteorolóxico, para unha final deste nivel.
Tomás Currás viaxa estes días a Sabadell para participar no ITF M25, que se desenvolverá ata o 4 de maio.
Ao remate do partido celebrouse a entrega de premios, acto no que o presidente de La Cultural, Paco Hernández, estivo acompañado polo Director Xeral de Xustiza de la Xunta de Galicia, José Tronchoni; o concelleiro de deportes e deputado provincial, Marcos Guisasola; e o presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, Alfonso Martínez.
O M15 foi patrocinado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte; a Deputación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo, coa colaboración da ITF Internacional, Real Federación Española e Galega de Tenis, Mapfre, FuenteLiviana, Estrella Damm, InterRías, Coca-Cola e Bodegas Terras Gauda.
Servizo de Prensa e Comunicación.
CCD Sanxenxo
Notas de prensa:
- 27/04/2025 – Oitava Xoranada
- 26/04/2025 – Sétima Xornada
- 25/04/2025 – Sexta Xornada
- 24/04/2025 – Quinta Xornada
- 23/04/2025 – Cuarta Xornada
- 22/04/2025 – Terceira Xornada
- 21/04/2025 – Segunda Xornada
- 20/04/2025 – Primeira Xornada
- 19/04/2025 – Previa
- 11/04/2025 – Presentación
- 13/04/2025 – Convocatoria presentación de la exposición de pintura Distintas Expresiones de Rafa Nadal, de la artista Manuela Martínez Ramos
- Diario de Arousa – El M15 de La Cultural se consolida dentro del circuito profesional del tenis mundial
- Faro de Vigo – La Cultural abre su calendario de torneos internacionales de tenis en Sanxenxo
- Pontevedraviva – Sanxenxo se consolida como epicentro del tenis mundial con el Futures M15