Tenis e valores

O tenis é un deporte que moitos de nós escollemos como deporte dos nosos fillos e fillas por diferentes motivos, pero quizais un dos máis importantes son os valores do xogo limpo: o xogo limpo que leva implícito.

Dende a Federación Galega de Tenis queremos reforzar estes valores e para iso xa se levaron a cabo diversas accións e está previsto seguir traballando neste aspecto.

Publicamos na páxina web un decálogo de "tenis e valores" dirixido a xogadores, pais, adestradores e árbitros. Este decálogo quere ser un pequeno resumo, con só 10 puntos, da gran cantidade de aspectos que debemos ter en conta á hora de desenvolver o noso papel no tenis, para que sexa o máis positivo posible no noso deporte.

Comparte