Programa Tenis na Escola

O Programa Tenis na Escola é un programa promocional que busca achegar o tenis ás escolas de Galicia. A través deste programa queremos resolver un dos principais problemas aos que se enfrontan as escolas para impartir unha unidade didáctica dedicada ao tenis, que é a falta de material específico para o tenis.

Dende a Federación Galega de Tenis ofrecemos aos centros educativos de primaria, secundaria, ESO e Bacharelato a posibilidade de recibir a cesión dun paquete de material (25 raquetas e 25 pelotas) durante aproximadamente un mes, co fin de desenvolver a unidade didáctico.

Ao longo do curso 2021-2022, máis de 4.000 nenos e nenas beneficiáronse deste programa, que segue crecendo ano tras ano.

O prazo de recepción de solicitudes remata o 16 de setembro de 2022. A partir desa data establecerase o calendario de asignación e informarase a cada centro da data na que corresponda o material, así como do mecanismo de entrega/recepción do mesmo.

Unha vez rematado o prazo de solicitude, admitiranse inscricións, pero as transferencias estarán suxeitas á dispoñibilidade de paquetes de material.

Para aclarar dúbidas pode poñerse en contacto co coordinador: carloscoira@fgtenis.net

Para solicitar o uso do material, é necesario cubrir o seguinte formulario:

Comparte