Tecnificación provincial 23/24

Ábrese o prazo de inscrición para as probas de acceso á Tecnificación Provincial, un programa a través do cal a Federación Galega de Tenis ofrece adestramentos gratuítos aos xogadores e xogadoras que queiran progresar no tenis.

A tempada pasada foron 161 os nenos e nenas que se beneficiaron deste programa.

A tecnificación provincial está dirixida a xogadores desde benxamín a júnior e constará de dúas partes:

1º.- Período de adestramentos (de outubro a decembro):

Serán 8 sesións de 90 minutos, que poderán ser adestramentos en pista ou charlas sobre diferentes temáticas (valores, normativa, psicoloxía, preparación física...).

A cada xogador asignaráselle un grupo segundo a súa idade / nivel na zona máis próxima (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Vigo, Pontevedra, Ourense).

Para evitar desprazamentos, todos os adestramentos realizaranse nesa zona.

Clubs de adestramento: haberá rotacións entre os clubs anfitrións en cada zona.

2o.- Período competitivo (febreiro a setembro):

Os xogadores e xogadoras deberán participar como mínimo en 3 torneos do Circuíto Rexional Xuvenil Galicia Head Tour.

O calendario publicarase en xaneiro de 2024.

O circuíto consta de 5 torneos e os xogadores poderán seleccionar os 3 torneos que máis lles interesen en función da localización ou das datas.

Para acceder ao programa é necesario superar unhas probas de acceso e cumprir os seguintes requisitos:

  • Benxamíns e alevíns: realizan 3 horas de adestramento semanais nos seus clubs.
  • Infantil, cadete e xuvenil: realizan 4 horas semanais de adestramento nos seus clubs.
  • Ter licenza federativa e estar empadroado en Galicia.

Os requisitos competitivos para permanecer no programa son:

  • Participar nun mínimo de 3 probas do Galicia Head Tour 2024.

PROBAS DE ACCESO:

ZONA DATA
Ourense Xoves 21 de setembro
Lugo Venres 22 de setembro
A Coruña Luns 25 de setembro
Ferrol Martes 26 de setembro
Santiago Mércores 27 de setembro
Pontevedra Xoves 28 de setembro
Vigo Venres 29 setembro.

Podes inscribirte nas probas de acceso a través deste formulario: Ligazón

A data límite para a inscrición será o luns 18/09/2023.

O mércores 20 de setembro enviarase a cada xogador inscrito un correo electrónico confirmando o lugar e a hora das probas.

Nota: no caso de que non se cumpra o número mínimo de inscritos para as probas de acceso nunha determinada área, poden unificarse dúas áreas.

Coordinador: Carlos Coira. Correo electrónico: carloscoira@fgtenis.net  Tlf: 667688432

Comparte