Tecnificación Provincial 2024-2025
PRAZO REMATADO
Publicamos a información sobre as probas de acceso á Tecnificación Provincial, programa no que a Federación Galega de Tenis oferta adestramentos gratuitos a xogadores e xogadoras que desexen progresar no tenis.
A tempada pasada foron 150 os nenos e nenas que se beneficiaron deste programa.
A tecnificación provincial está dirixida a xogadores desde benxamín a júnior e constará de dúas partes:
1º.- Período de adestramentos (de outubro a decembro):
Haberá 8 sesións de 90 minutos, que poden ser adestramento na pista ou charlas sobre diferentes temas (valores, regulamentos, psicoloxía, preparación física ...).
A cada xogador asignaráselle un grupo segundo a súa idade / nivel na zona máis próxima (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Vigo, Pontevedra, Ourense).
Para evitar desprazamentos, todos os adestramentos realizaranse nesa zona.
Clubs de adestramento: haberá rotacións entre os clubs anfitrións en cada zona.
2o.- Período competitivo (febreiro a setembro):
Os xogadores e xogadoras deberán participar como mínimo en 3 torneos do Circuíto Rexional Xuvenil Galicia Head Tour.
O calendario publicarase en xaneiro de 2025.
O circuíto consta de 5 torneos e os xogadores poderán seleccionar os 3 torneos que máis lles interesen en función da localización ou das datas.
REQUISITOS PARA OBTER A BOLSA:
Para acceder a esta bolsa é necesario superar as probas de acceso e cumprir os seguintes requisitos:
- Benxamíns e alevíns: realizan 3 horas semanais de adestramento nos seus clubs.
- Infantís, cadetes e juniors: realizan 4 horas semanais de adestramento nos seus clubs.
Nota: Se un xogador non chega a ese número de horas, deberá falar co seu club e completalas para ser incluído no programa.
- Ter licenza federativa e estar empadroado en Galicia.
Os requisitos competitivos para permanecer no programa son:
- Participar nun mínimo de 3 probas do Galicia Head Tour 2025.
Podes inscribirte nas probas de acceso a través deste formulario:
A data límite para realizar a inscrición: 18/09/2024.
O venres 20 de setembro enviarase un correo electrónico confirmando o lugar e a hora das probas a cada xogador inscrito.
PROBAS DE ACCESO:
ZONA | DATA |
Ourense | Luns 23 de setembro |
Lugo | Martes 24 de setembro |
A Coruña | Luns 23 de setembro |
Ferrol | Martes 24 de setembro |
Santiago | Mércores 25 de setembro |
Pontevedra | Xoves 26 de setembro |
Vigo | Venres 27 de setembro |
Nota: no caso de que non se cumpra o número mínimo de inscritos para as probas de acceso nunha determinada área, poden unificarse dúas áreas.
Coordinador: Carlos Coira. Correo electrónico: carloscoira@fgtenis.net Tlf: 667688432