Solicitude Sedes Zcebra Lintel Tour 2026
Tras o recente acordo acadado entre a Federación Galega de Tenis (FGT) e Zcebra, o principal patrocinador do circuíto, a FGT abre o prazo de solicitude de sedes para organizar os eventos do Zcebra Lintel Tour de Pickleball 2026, o circuíto oficial autonómico que se desenvolverá ao longo da próxima tempada.
Os clubs, entidades deportivas e centros con capacidade organizativa poderán presentar a súa candidatura, de acordo cos termos e condicións do Zcebra Lintel Tour de Pickleball 2026, dispoñibles para a súa consulta nos canais oficiais da FGT.
Datas do circuíto
O calendario oficial do Zcebra Lintel Tour de Pickleball 2026 será o seguinte:
- 1ª Proba: 21–22 de marzo de 2026 (INEF Galicia – sede xa asignada)
- 2ª Proba: 25–26 de abril de 2026
- 3ª Proba: 16–17 de maio de 2026
- 4ª Proba: 6–7 de xuño de 2026
- 5ª Proba: 12–13 de setembro de 2026
- 6ª Proba: 10–11 de outubro de 2026
- Máster Final: 21–22 de novembro de 2026
Presentación de solicitudes
As entidades interesadas deben presentar a súa solicitude antes do 10 de febreiro de 2026, incluíndo:
- Formulario de solicitude debidamente cumprimentado. Formulario de solicitude
- Oferta técnica, con descrición da instalación, melloras propostas e material gráfico.
- Oferta económica e criterios complementarios, que deberán enviarse por correo electrónico a info@fgtenis.net.
A asignación de sedes realizarase mediante un procedemento aberto, tendo en conta aspectos técnicos, económicos, organizativos e de rotación xeográfica.
A Federación Galega de Tenis anima a todas as entidades interesadas a presentar a súa solicitude e formar parte dun circuíto que continúa a consolidar o pickleball en Galicia.

