Solicitude xuíz árbitro asistente 1ª Proba Benxamín Circuíto FGTenis 2026
O CGAT solicita xuíces árbitros asistentes para traballar na 1ª Proba do Circuíto Benxamín FGTenis 2026 no Club de Campo de Vigo, os días 17, 18 e 19 de abril.
Data límite de recepción de solicitudes: domingo 12/04 ás 18:00 h.
Se estás interesado/a en traballar neste torneo, debes cubrir a solicitude e enviala a secretariacgat@fgtenis.net cunha copia a comite.arbitraje@fgtenis.net antes de que remate o prazo de solicitude.
As condicións de traballo atópanse na mesma aplicación.

