Solicitude Xuíz Árbitro 1ª Proba Tenis na Rúa
O CGAT en colaboración coa organización do Torneo Tenis na Rúa solicita Xuíz Árbitro: 1ª Fase Tenis na Rúa
Función: Xuíz Árbitro.
Lugar: Club W
Días Arbitraxe: sábado 22 e domingo 23 de febreiro
Data límite de recepción de solicitudes: mércores 12 de febreiro ás 20:00 h.
Se estás interesado en traballar no torneo, debes cubrir a túa solicitude (adxunta) e enviala a secretariacgat@fgtenis.net cunha copia a comite.arbitraje@fgtenis.net antes de que remate o prazo de recepción dese torneo.
As condicións de traballo atópanse na mesma aplicación.