Reunión en liña pickleball

A FGTenis abre o prazo para recibir propostas dos clubs e presenta un borrador de competición por equipos.

A Federación Galega de Tenis (FGTenis) abriu oficialmente o prazo para que os clubs presenten as súas propostas para a reunión sectorial que se celebrará o 10 de decembro de 2025. Esta reunión ten como obxectivo analizar, debater e mellorar a estrutura competitiva para a tempada 2026, incluíndo unha proposta inicial de competición por equipos elaborada pola Federación e enviada hoxe a todos os clubs.

Formulario obrigatorio para participar.

Todos os clubs que desexen asistir á reunión ou enviar propostas deben cubrir o formulario facilitado pola FGTenis.

A ligazón para acceder á reunión en liña enviarase ao enderezo de correo electrónico proporcionado no formulario.

A Federación lembra que só as persoas que completen o formulario recibirán a ligazón de participación.

Prazos e participación
  • Data límite para a presentación de propostas: 8 de decembro de 2025
  • Reunión en liña: 10 de decembro de 2025, ás 20:30 h.
  • Duración estimada: 1 hora
  • Destinatarios:
    • Todos os clubs afiliados á FGTenis
    • Clubs de pickleball que iniciaron o proceso de afiliación

Os clubs ou asociacións de pickleball que aínda non iniciaron este proceso deben presentar as súas propostas a través dun dos clubs xa afiliados para que poidan ser tidas en conta.

Proposta de competición por equipos

A Federación Galega de Tenis (FGTenis) adxuntou un borrador da nova competición por equipos, que será un dos puntos centrais da reunión. Esta proposta pretende avanzar cara a un modelo máis equilibrado, homoxéneo e aliñado coa realidade deportiva de Galicia.

As achegas dos clubs serán clave para definir a versión final do sistema competitivo.

Validación e orde do día

Todas as propostas recibidas serán analizadas e validadas polo equipo técnico da FGTenis para a súa posible inclusión no orde do día da reunión.

A Federación convida a todos os clubs a participar activamente neste proceso de traballo conxunto, fundamental para seguir mellorando a competición galega.

Comparte